I BERRA! OLD STARS
- Detalles
- Categoría: PROXIMOS BERRIDOS
- Publicado en Jueves, 10 Noviembre 2011 01:48
- Escrito por Colectivo Berra
- Impactos: 321
I BERRA! OLD STARS
Comezan os BERRA! OLD STARS, onde diferentes bandas que pertenceron á escea musical val miñorana, voltarán ós escenarios para revivir vellos tempos!
Esta é a primeira BERRA! OLD STARS series
Non "cho" podes perder!!
Sabado 29/11 -- entrada 3€ -- Taberna Marrucho (Baiona)

BERRIDOS 2011
- Detalles
- Categoría: PROXIMOS BERRIDOS
- Publicado en Jueves, 21 Julio 2011 14:32
- Escrito por Colectivo Berra
- Impactos: 682
PROGRAMACIÓN COLECTIVO BERRA! - AGOSTO 2011
CARTEIS PECHADOS!
BERRA! NIGRÁN
10 / AGOSTO / Campo das Redes (NIGRAN)
NO REPLY
TRASHTUCADA
LA ACUSTICASESINA
BLACKINGSTONE

BERRA! NA FESTA
19 / AGOSTO / Torreiro das Angustias (NIGRAN)
SEGISMUNDO TOXICÓMANO
DAKIDARRÍA
SACHA NA HORTA
SKAKEO

COMO CHEGAR!!!:
BERRA! BAIONA
25 / AGOSTO / Parque da Palma (BAIONA)
SONAMBULO (Costa Rica)
LOS FESTICULTORES
CHOTOKOEU!
OVERHEAR

VAL MIÑOR ACTIVO
BERRA na FESTA!. Nova aventura festivaleira!
- Detalles
- Categoría: PROXIMOS BERRIDOS
- Publicado en Lunes, 30 Mayo 2011 10:51
- Escrito por Colectivo Berra
- Impactos: 654
Boas compañeiros! Este verán volvemos á carga con máis enerxía ca nunca! Incorporamos ao noso repertorio de festivais de verán unha nova iniciativa:
BERRA na FESTA! - (Angustias edition) :
SEGISMUNDO TOXICOMANO - (Nafarroa)
http://www.myspace.com/segismundotoxicomano
DAKIDARRIA - (Val Miñor)
http://www.facebook.com/profile.php?id=100001521110908
http://www.myspace.com/sachanahorta
SKAKEO - (Bueu)
http://www.facebook.com/profile.php?id=100000704020615
http://www.myspace.com/skakeooficial
Proximamente máis info, máis festivais, máis berridos...

Crónica do Berra Galiñeiro
- Detalles
- Categoría: PROXIMOS BERRIDOS
- Publicado en Lunes, 30 Mayo 2011 10:49
- Escrito por Colectivo Berra
- Impactos: 493
O pasado Venres día 25 de Febreiro celebrouse en Baiona o Berra Galiñeiro. Unha xornada, organizada polo COLECTIVO BERRA VAL MIÑOR, en apoio á PLATAFORMA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO, que resultou moi satisfactoria para organización e asistentes.
A taberna Marrucho, local emblemático do Val Miñor, foi o punto de reunión de xente de tódalas idades e cores, que se achegaron para mostrar o seu apoio á defensa do Galiñeiro e para disfrutar das actuacións.
A tardiña comezaba con actividades para @s cativ@s e con un espectáculo de circo de rúa a cargo da compañía CIRCO ESCARRANCHADO. Unha actuación que sorpendeu gratamente a maiores e pequen@s e que arrancou moitos sorrisos e aplausos.
Conforme se achegaba a noitiña a poesía se apropiaba do ambiente. Baixo a videira do Marrucho, AS REDES ESCARLATA recitaron unha ducia de poemas que emocionaron ó público asistente. Xente nova e maior atendía en silencio creándose unha atmosfera de respecto, reivindicación e fraternidade.
Tra-la poesía, e xa no interior do local, o monologuista "CABESA DE BOI" comezaba a súa actuación. Nunca defrauda, e as gargalladas están aseguradas sempre que aparece en escena. Así foi, non había mais que mirar as caras da xente ó remate.

Inmediatamente despois as gaitas, tamboriles, acordeóns e demais instrumentos amenizaron unha cea solidaria onde @s asistentes recargaron enerxía. A sección culinaria do COLECTIVO BERRA traballou a esgalla para servir ceas a toda a xente que así o desexase. As racións vendíanse a un módico prezo para recaudar fondos pola causa que nos reunia a tod@s esa noite. Ademais das lentellas (con opción vexetariana) os postres (aportados por divers@s compañeir@s da PLATAFORMA POLA PROTECCION DA SERRA DO GALIÑEIRO, e das redes GALIZA NON SE VENDE e a RÍA NON SE VENDE) foron moi comentados e solicitados.

Tra-la cea comezaba o prato forte da noite, sobre todo para a mocidade: As actuacións de TIRO NA TESTA, SKACHA e BERRA BANDA.
Abriron os Tiro na testa, co seu Punk-rock violento, coma eles mesmos o denominan. Ironia, crítica social e ritmos que comezaban a axitar ó público. Admirable esta xente que se acercou ó Val Miñor dende Don Ramiro (Lalín) para colaborar ca nosa loita.
Inmediatamente despois chegaba o turno dos incombustibles SKACHA. Himno tras himno fixeron corear a todo o Marrucho os seus temas. A banda, que está a celebrar o seu vixésimo aniversario, deixou ata a última gota de súor no escenario, coma sempre.
Como última formación da noite subiu a BERRA BANDA ó escenario. Un grupo de versións formado por persoas da asociación que ofreceu un concerto menos serio pero mais divertido e que fixo bailar á xente que abarrotaba o local. Ninguen quería ir a durmir, e para iso estaban alí os pinchadiscos de INCRÉPULA SOUND e DJ CHEODEMOSCAS, que alongaron a festa ata altas horas.

En conclusión: Unha noite redonda, onde gracias á unión de diversos colectivos e persoas (o Marrucho que cedeu unha porcentaxe da recadación da barra, o Colectivo Berra, @s artistas que actuaron desinteresadamente, a Plataforma Pola protección da Serra do Galiñeiro, Galiza non se vende, A Ría non se vende, etc.) conseguimos algo mais importante que os cartos para afrontar esta loita. Conseguimos unha unión miñorana, unha fraternidade entre compas, unha xornada de lecer imborrable para moit@s.
Somos esa xente, a xente activa, a xente que quere muda-las cousas. A xente comprometida. Estamos viv@s, aquí seguimos, aquí seguiremos.
Colectivo Berra Val miñor.
A BERRAR POLO GALIÑEIRO!!
- Detalles
- Categoría: PROXIMOS BERRIDOS
- Publicado en Lunes, 30 Mayo 2011 10:45
- Escrito por Colectivo Berra
- Impactos: 495
O Colectivo Berra, como membro da Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, organiza unha festa reivindicativa para recaudar cartos para esta loita. Será na TABERNA MARRUCHO, na Percibilleira, Baiona. Os cartos recadadados da entrada (que terá un prezo de 5 euros) serán cedidos á plataforma co fin dunha correcta administración en defensa da Serra.
E ti, vas ir? Agardamos a túa presencia e agradecemos a máxima difusión deste evento.
Horario e actividades:
17.00 h. Actividades para cativ@s a cargo de grupo TRASNADAS.
18.00 h. Espectáculo de Novo Circo da man da compañía CIRCO ESCARRANCHADO.
19.00 h. Recital de poesía das REDES ESCARLATA.
20.00 h. " CABESA DE BOI", monólogo.
21.00 h. - 23.00 h. Cea solidaria acompañada da boa música en directo do grupo A SENEIRA.
23.30 h. Actuacións musicais a cargo dos grupos SKACHA, TIRO NA TESTA e BERRA BANDA. A continuación, INCRÉPULA SOUND e DJ CHEODEMOSKAS que porán a guinda final cos temas máis frescos e bailongos da noite


